PUBLICIDADE
Xoves, 09 de setembro de 2010
Polémicos peches
O lago artificial das Pontes, para os vertidos da nova Ence?

Esther Rodríguez O mesmo día que pecha a mina das Encrobas, saen máis voces de alerta sobre os fins ocultos tras os lagos artificiais.

Reloxo 25.01.2008 | 18:27

Mina das Encrobas Mina das Encrobas. GNS

No mesmo día en que se fai oficial o peche da mina das Encrobas (Cerceda), o proxecto de lago artificial que tamén se pretende realizar nas Pontes non queda fóra da polémica. O grupo ecoloxista Erva cualificou o plan de “estafa ambiental”, denunciando que o obxectivo real é levar a fábrica de Ence para este concello.

Segundo sosteñen, a imposibilidade de desactivar os frontes de mineral e a permanencia de ladeiras hiperácidas que quedarán asolagadas, suporá que o período real de vixencia das actividades recreativas será breve.

Con esta perspectiva, e tendo en conta e a “insistencia en abordar o proxecto de forma inminente e dispor do lago en 4-5 anos”, a agrupación sospeita que “o que realmente se quere facer é favorecer o traslado da celulosa de Ence ás Pontes”, botando despois os seus verquidos ao lago.

Medio Ambiente di que decide a empresa

Dende a Consellaría de Medio Ambiente recoñecen que As Pontes é un dos lugares que están riba da mesa como presunto destino de Ence, aínda que sosteñen que é a empresa a que debe decidir a ubicación, para que despois a Xunta o acepte ou non.

Ríos en perigo

Outro dos problemas, que comparte tamén o proxecto de lago artificial que se deseña para Meirama, deriva da captación de auga para encher o lago. No caso das Pontes, sería do río Eume e no caso das Encrobas, do Barcés. Os ecoloxistas advirten dos perigos que estes transvases suporían para a fauna e flora ribeiriña.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río