PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Na 'Noite do Autor'
Manifestación contra a SGAE en Compostela

Lara Rozados Preto dun cento de persoas organizou unha cazolada diante do Hostal dos Reis Católicos

Reloxo 17.01.2008 | 21:41
  • García le o manifesto (MP3, 1,6 MB, 2'20'')

A pancarta A pancarta. L.R. Esquerda   1 / 6  Dereita  

"Nós os piratas, vós os ladróns", "A cultura é de todas" ou "Amancio Ortega, copia e pega" foron algunhas das consignas que o cento de persoas que se congregou en fronte do Hostal dos Reis Católicos lanzou contra a SGAE. A mobilización foi convocada dende o Komando AntiSGAE de Compostela, que se reúne todos os mércores ás nove na Casa Encantada.

Unha pancarta co lema "A propiedade intelectual é un roubo", un personaxe ataviado cunha gabardina branca que interpretaba a Ramoncín e preto de cen persoas con cazolas, culleres, bucinas e todo tipo de instrumentos amosaron a súa repulsa aos procedementos da SGAE este xoves 17 de xaneiro a partir das 19.30. Alí tiña lugar a V Noite do Autor, na que a SGAE premiaba ao Grupo Inditex (como empresario privado), o IGAEM, a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello (como empresarios públicos), a Axencia EFE (como mellor medio de comunicación) e FASYDE (como asociación empresarial).

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río