PUBLICIDADE
Xoves, 09 de setembro de 2010
Iván Puentes, alcalde de Fene
A esquerda elexirá presidente
Hai neste país a crenza de que o centro, ese terreo ideolóxico tan equilibrado, equidistante, equilátero, ecuánime... que se existise debería, por eslamiado, deixar de facelo, é o que decide o resultado das eleccións. En cada campaña vemos como as forzas de esquerda e dereita xogan a moderarse para captar o voto dos supostos cidadáns de centro, as estrelas vermellas desaparecen da propaganda do BNG e florecen os lemas bilingües, lexibles en galego e castelán, os do PP falan do país e do galeguismo no que non cren e o PSOE tradicionalmente ten centrado as súas campañas en temas asumibles para un amplo espectro ideolóxico.
 17.01.2008 | 08:35

Eu comparto a teoría do estatístico César Molina, que fala da “esquerda volátil” para referirse ó conxunto de votantes que pululan entre PSOE, IU, BNG no caso de Galicia, ou a abstención; cidadáns de esquerdas que rexeitan frontalmente ó PP, pero que teñen tamén unha actitude crítica con respecto ó PSOE. Para el, e para min tamén, son estes cidadáns, e non o centro, ós que deciden se en España goberna a esquerda ou goberna a dereita. As últimas eleccións xerais son unha boa proba, Zapatero gañou pola esquerda, falando de dereitos sociais, de igualdade de xénero e sexualidade, de non á guerra, de dereitos territoriais... O PP obtivo case os mesmos votos que nas eleccións do 2000, cando Aznar gañou por maioría absoluta, pero no 2004 perdeu, simplemente porque a esquerda se mobilizou.

Polo tanto, a vitoria do PSOE nas xerais deste ano ou de calquera partido de esquerdas noutras eleccións, pasa necesariamente por elaborar e defender sen complexos un proxecto verdadeiramente progresista, que enganche a esa esquerda volátil e que cumpra co difícil obxectivo de facela votar, porque a historia nos di que cando a esquerda se mobiliza a dereita nunca gaña. O 9 de marzo eses cidadáns críticos de esquerdas terán, unha vez máis, a responsabilidade de decidir co seu voto ou a súa abstención, as dúas actitudes contan, quen goberna en España, o PSOE ou o PP, Zapatero ou Rajoy, porque máis opcións reais non hai. A esquerda, votando ou absténdose, elixirá Presidente.

Mentres tanto, espero que os partidos non se dediquen a buscar o centro, porque é como o inferno, un lugar imaxinario ó que non temos noticias de que chegase nunca ninguén.     

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río