Unha vez que o modelo tradicional de software empaquetado sexa substituído polo "software como servizo" e "software on-line", haberá unha breve ventá de oportunidade para acadar unha posición de liderazgo no software. A elevada demanda interna, a existencia de persoal altamente capacitado e o feito de que o 70% dos desenvolvedores de software libre no mundo teñan orixes en Europa avalan a súa teoría. Porén, como tamén apunta Reading, o 90% dos actuais beneficios do software libre son para compañías norteamericanas, polo que esa ventá podería ser demasiado pequena se non se actúa con presteza.
Aínda que non coñecemos cales son as fontes das porcentaxes citadas, ben podería ser que a Comisaria estivese a referir o polémico
Informe Merit, "O impacto do Software Libre na innovación e competitivade da Unión Europea", no cal se concluían, entre outras cousas: a importancia do software libre na promoción da creación de pequenas e medianas empresas e, polo tanto, emprego; o crecemento exponencial dos servizos en torno a tecnoloxías abertas nos próximos anos; e, como non, a oportunidade que supuña para Europa, tal e como tamén explicaba Reading.
Neste contexto de claro crecemento económico en relación co software libre, inda que as conclusións do Informe Merit non son nin moito menos compartidas pola maioría da industria do software, a Consellería de Industria da Xunta de Galicia ven de publicar a
Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das coñecidas coma "axudas TIC", subvencións aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións (TICs) para o ano 2008 .
As mesmas, dotadas coa nada desprezable cifra de 5 millóns €, non só aumentan a intensidade de subvención para as propostas baseadas en software libre, e non só lle dan prioridade as de maior impulso do código aberto, senón que tamén exclúen o software privativo de forma xenérica, especialmente no capítulo referido a solucións TIC a implantar en empresas de calquera sector.
É dicir, dende a Consellería de Industria recollen as verbas de Reading e as conclusións do informe Merit para apoiar de forma clara e inequívoca, mediante esta liña de axudas, o crecemento dunha industria galega de proveedores TIC que estruturen a súa oferta de produtos e servizos en torno a solucións e tecnoloxías do software libre.
Eu, máis se cabe coma presidente da xove
Asociación de empresas Galegas de Software Libre -AGASOL-, non podo senón aplaudir a valentía da Consellería ao facer unha aposta tan decidida, a pesar da segura polémica, xa que inda que en 2008 a industria do software galega estará todavía "verde", a mesma servirá coma importante plataforma de lanzamento para entrar de cabeza, e na cabeza, pola ventá aberta do futuro das TIC.