Redacción . Ante as cada vez máis numerosas prohibicións de facer fogueiras en espazos naturais a empresa Sofros Natural ideou para a noite de San Xoán unha festa na que o lume será virtual.
Seguindo coa súa filosofía de respecto á natureza e conciliación entre corpo, mente e medio ambiente, Sofros Natural, con sede en Nigrán, celebrará a noite de San Xoán cunha festa na que o lume, en lugar de estar na zona axardinada das súas instalacións, estará en distintas pantallas multimedia. Con este evento esta empresa especializada na organización de eventos alternativos quere demostrar que é posíbel celebrar a noite de San Xoán dun xeito seguro e respectuoso co medio ambiente nun entorno privilexiado como é o Val Miñor. Para iso disporán de catro pantallas multimedia nas que se emitirá a queima de catro cacharelas, sempre cunha posta en escena especial para dotar de autenticidade e realidade a proxección do lume.
Descargar Tarifas