PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
PERSECUCIÓNS ILEGAIS
Dous detidos tras unha carreira mortal en Vigo

Redacción .  Dous mortos e catro coches accidentados, balance dun accidente na madrugada viguesa.

Reloxo 12.01.2008 | 11:13

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron na madrugada do venres a dous mozos tras rexistrarse un accidente mortal na zona urbana con catro turismos implicados e que se saldou con dous falecidos.

Os feitos sucederon sobre as 00.30 horas na Rúa Jenaro de la Fuente, no barrio vigués do Calvario, onde un choque con catro turismos implicados, un dos cales estaba estacionado, acabou coa vida do matrimonio que ocupaba un dos turismos. Segundo informa a Radio Galega, varios dos vehículos accidentatos participaban nunha carreira ilegal.

“Picáronse” con outro coche

Segundo informaron a Europa Press Atestados de Vigo, os falecidos, Manuel G.L., de 55 anos, e Dolores I.H., de 53 anos, viaxaban nun Citroën AX con matrícula PO-9200-AV, contra o que colisidiu un BMW 328 con placa 4202-FTN, que supostamente "picárase" con outro turismo. Un ocupante do BMW resultou ferido de carácter leve.

Tras os feitos, axentes da Policía Local detiveron dous mozos que circulaban no terceiro turismo implicado na colisión. Os dous arrestados pola súa implicación no sinistro foron trasladados á Comisaría da Policía Nacional en Vigo, onde permanecen á espera de pasar a disposición xudicial.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río