Lara Rozados . Con 'Mentres a herba medra', Xesús Rábade Paredes (Seixas, Cospeito, 1949) gañou un dos premios máis prestixiosos de narrativa, o Eduardo Blanco Amor. A novela, editada en Galaxia, estabelece un diálogo entre tres xeracións: dende aqueles que viviron os anos da República, até os seus netos. Tempos e espazos, momentos da historia, o país urbano e o rural conflúen nesta narración polifónica, adobiada con notas de jazz. O seu autor falounos sobre a reflexión que o levou a contar o que acontece Mentres a herba medra.
A idea central da novela víñalle xa de vello. Como artellou finalmente Mentres a herba medra? Como configurou ese personaxe colectivo protagonista? Canto hai de si mesmo e dos seus en Mentres a herba medra? Non se pode evitar pensar no seu fillo (Abe Rábade) cando toda a novela soa a jazz... A súa actitude como narrador foi entón a da empatía, a de pórse na pel dos outros... Hai varias tensións na novela: unhas xeracións e outras máis novas, o rural e o urbano. Como acomete esta última? A entrevista completa, na edición impresa d'A Nosa Terra, no número 1.292.
Xeús Rábade Paredes
É produto dunha reflexión ética e estética. Esa vontade xa estaba presente na miña poética, particularmente na miña obra poética inmediatamente anterior, Os dedos dos loureiros (accésit de Poesía "Miguel González Garcés" no 99). A literatura sempre é forma de expresión e atopei a fórmula máis adecuada a través da voz deses personaxes, unha forma moi actual, moi viva e moi áxil para presentar unha materia que podería ser soporífera.
O máis interesante é que non hai un narrador omnisciente, nin un personaxe preponderante. Por iso os diferentes puntos de vista resultaron tan ben plasmados. O punto de vista, ou mellor, o diálogo entre as diferentes perspectivas, son os auténticos protagonistas. E aí hai tamén segredos do oficio: pártese dalgúns personaxes reais, próximos...
Un narrador sempre acode ao autobiográfico, pero desdebuxado. Mirei moito para o meu círculo íntimo, incluso hai personaxes que son facilmente identificábeis. Pero está esluído o bastante como para que os referentes sexan universais.
Está claro que coller persoas coñecidas axuda a plasmar unha realidade novelada. Para ese personaxe, o músico novo, que vive nunha circunstancia vivaz, rica... Quen mellor ca o meu fillo? E hai tamén un personaxe feminino da mesma xeración. Meterme na pel deles axudoume a plasmar ese contexto.
Iso é a clave da novela do século XX, a democratización da narrativa: dármoslles voz a todos os personaxes.
É algo que temos que tratar en política e en literatura: o conflito entre o rural e o urbano non o trata a narrativa actual, e aí recóllense claves para entender o que somos. Pero é un reto que temos que asumir os escritores da miña xeración, porque para xente de 30 ou 40 anos é moi difícil tratar un tema que non se viviu do mesmo xeito, non se conta cos mesmos referentes.
Descargar Tarifas