PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Sae do 'peirao do Alemán'
Camelle e Arou manifestáronse contra o Plan Acuícuola

Xurxo Salgado Foi esta a terceira concentración en dous meses para pedir a súa retirada. Na primeira, o 4 de novembro en Corrubedo, participaran miles de persoas.

Reloxo 30.12.2007 | 19:00

A manifestación parte do Museo de Man A manifestación parte do Museo de Man. Mario HPR (Flickr)

A concentración comezou ao mediodía dende o museo do Alemán e percorreu o paseo marítimo da cidade até a Xandriña, onde está prevista a construción dunha "macropiscifactoría" de 217.000 metros cadrados, que coa de Camelle, de 101.000 metros cadrados, "pretende rodear esta emblemática costa con máis de 30 hectáreas de formigón e lonas negras", criticaron os veciños.

Levan meses loitando contra unha planta de cría de rodaballo que a Xunta de Galicia prevé instalar a penas a uns metros do centro da vila. Este domingo, a Asociación de Veciños de Camelle A Pergoliña convocou unha manifestación á que se sumaron tamén plataformas veciñas afectadas, como Merexo, Quilmas, Arou ou Corrubedo, ademais dunha representación de Malpica que desenvolveu a súa propia marcha de protesta.

Colectivos e asociacións ecoloxistas como ADEGA ou Rede Galiza Non se Vende solidarizáronse tamén para protestaren, como asegura ADEGA na súa páxina na rede, "contra unha planta de grande impacto medioambiental prevista nun litoral de gran riqueza pesqueira e marisqueira situada estratexicamente nos límites da Rede Natura".

A veciñanza de Camelle salienta que a planta ocupará unha superficie de 217,000 m2, mais non paliará as consecuencias da ausencia dun plan de desenvolvemento económico que sofre a zona desde hai décadas, porque os postos de traballo que xeraría serían moi limitados. Lembran que o Plan Sectorial de "megaparques" de acuicultura en terra recolle para Camelle e Arou dúas instalacións, a denominada Xandriña e a de Cameselle, nunha costa virxe de "altísimos valores" naturais e culturais.

Cruces sobre a praia e un testemuño

Como acto simbólico, os veciños da vila instalaron na praia da localidade 50 cruces de madeira con lazos verdes que simbolizarán "a destrución definitiva dunha zona cun enorme potencial pesqueiro, medioambiental e turístico, único na costa atlántica europea e para o que até hoxe ningún goberno da Xunta de Galicia presentou un proxecto de desenvolvemento sustentábel digno".

Como punto final da manifestación leuse unha carta do fillo do alcalde de Camariñas Manuel Valeriano Alonso, Diego Alonso, grande defensor do Plan Acuícola e que expresará a súa opinión tras traballar nunha factoría de rodaballos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río