PUBLICIDADE
Luns, 06 de setembro de 2010
negocio familiar
As mulleres invisíbeis

Xurxo Salgado Veciñas de Ordes pasan desde o inicio do outono ata abril apostadas nas beiras da estrada N-550. O seu obxectivo, vender os grelos e nabizas que elas mesmas cultivan.

Reloxo 25.12.2007 | 13:50

O equipo de ANT TV desprazouse ata Ordes e falou con estas mulleres anónimas que cada día invaden as beirarrúas da estrada que une Santiago coa Coruña. Falan dos seus inicios neste negocio e das perspectivas futuras. Aseguran que este ano non está sendo nada bo en vendas, que o produto non ten a calidade doutros anos e que, por mor disto, os prezos baixaron.

A Xunta baralla a posibilidade de establecer unha denominación de orixe propia para este tipo de produtos. Outra das vías que se estuda é incluílos na indicación xeográfica protexida da horta. En todo caso, os grelos e as nabizas de Ordes teñen xa o recoñecemento gañado.

Os grelos e as nabizas son hortalizas cun alto contido de auga polo que o seu valor calórico vai ser moi baixo. Ademais posúen un interesante achegue de fibra, polo que supón unha alternativa moi apropiada para formar parte de pratos sans e lixeiros, especialmente indicados para persoas con problemas de exceso de peso.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río