PUBLICIDADE
Xoves, 09 de setembro de 2010
Novos Artistas
Manuel Eirís leva o V Premio Auditorio de Galicia

Redacción .  O xurado acordou por unanimidade concederlle o premio, dotado con 6.500 euros, ademais de outorgar catro accésits dotados con 1.500 euros a David Esteban Ferrando Giralt, Sara Fuentes Cid, Jorge Gómez Perianes e Amaya González Reyes.

Reloxo 21.12.2007 | 13:31

Desocultamento Desocultamento. Manuel Eirís Esquerda   1 / 5  Dereita  

A obra gañadora, Desocultamento, consiste na acción de arrincarlles capas de pintura e papel ás paredes das casas abandonadas, espilas da súa pel, testemuño da súa historia e da xente que as habitou. O rexistro videográfico desta sorte de des-pintamento, ou pintura ao revés, foi a obra presentada por Eirís, compostelán de 30 anos licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, 2003.

As obras gañadoras dos accésits amosaron todo tipo de propostas: o ourensán Jorge Perianes amosa, nunha instalación sen título, a convivencia entre buratos e relevos, diferentes dimensións, sombras e luces, espazos e non espazos. David Ferrando Giraut, pola súa parte, realiza unha performance en Cry wolf (Lobo choromica) onde lle dá a volta a certas referencias culturais inseríndoas no escenario cotián.

Amaya González, en Pretensión, racha e volve envurullar un rolo de papel hixiénico. Sara Fuentes, pola súa banda, acomete nas exposicións "secretas" I, II, III, IV e V "microacontecementos que tiveron lugar no ámbito persoal, pero que nacen coa vocación de referirse tamén ao ser da esfera pública, institucional do mundo da arte".

A exposición chegará á FEIMA en Madrid

Haberá tamén un premio do público que se coñecerá a través dos votos das persoas que visiten a mostra cando esta remate. O xurado estivo integrado polo artista Isaac Díaz Pardo, o crítico e comisario independente Pablo Fanego, responsábel de proxectos como A cidade interpretada, a profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra Almudena Fernández, o director do MARCO, Iñaki Martínez Antelo, Javier Blanco Lado, da Fundación FEIMA), Xosé Paulo Rodríguez Domínguez (director-xerente do Auditorio de Galicia), e Néstor Rego Candamil, tenente de Alcalde e concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais.

A mostra, que se inaugurou este xoves e estará aberta até o 24 de febreiro, abrangue 31 obras, dos artistas premiados e mais de Estéfani Bouza Arnoso, Antón Cabaleiro, Vanesa Castro López, Samuel Castro Martínez, David Castro, Maribel Castro, Rosendo Cid, Andrea Costas, Suso Fandiño, Fernández Pérez de Lis, Alexandre Fernández e Uxía Piñeiro, Iván Franco, Ignacio García Gomez del Valle, Alberto Gende, Elena Gómez Dahlgren, Santi Jiménez, Enrique Lista, Noemí Lorenzo Pérez, Antía Moure, José Manuel Mouriño Lourenzo, Germán Pintos, Rita Rodríguez, Xosé Teiga, Mauro Trastoy, Víctor Ulla e Eduardo Valiña.


Este premio, que naceu coa vontade de darlle vitalidade á creatividade da xente máis nova e con vocación de continuidade, tivo unha grande acollida en todas as súas edicións: 205 obras na primeira, na segunda 180, na terceira 150, na cuarta 193, e nesta quinta, 138. Este ano engádese unha nova motivación: ademais da dotación económica maior ca en edicións anteriores, á mostra no Auditorio engádeselle a oportunidade de expoñer na Fundación FEIMA, en Madrid, ao longo do 2008.

Os anteriores gañadores foron Raúl Pereira, na primeira edición, Lorena Gómez na segunda, na terceira Rubén Ramos Balsa (seleccionado para o proxecto Paradiso Spezzato, dirixido polo novo director da Fundación Luís Seoane, Alberto Ruíz de Samaniego, no Pavillón Español da Bienal de Venecia deste ano), e Pablo Pérez Sanmartín no 2005.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río