Manuel Vilas . Manuel Morán logrou que un instituto de Marín aforrase miles de euros e traballase con programas 100% legais.
Morán no IES Chan do Monte.
Manuel Morán Vaquero, do IES Chan do Monte de Marín, gañou os premios a recursos educativos na súa categoría de software libre. Así o anuncia hoxe o Diario Oficial de Galicia.
Barato e 100% legal
A Xunta premia así a labor deste pioneiro profesor de informática, que organizou a migración dos programas do seu centro a software libre. Vaquero logrou así aforrar miles de euros ao centro todos os anos. O instituto tamén pasou a ter, ademais, todos as súas aplicacións 100% legais, algo do que poden presumir moi poucos centros no país.
Vaquero é tamén coautor de Traducíndote (xunto co seu ex-alumno Óscar Hermida). Esta aplicación web é quen, entre outras funcións, de traducir automaticamente entre galego e castelán conservando o formato dos documentos.
Aulas en galego
Francisco Taboada, do IES de Rodeira en Cangas, acadou o segundo premio, por un proxecto de WebSqusr, un sistema para o control do acceso a internet.
O terceiro foi para Teo Ramírez por Galinux, unha distribución de Linux especialmente pensada para o ensino. Ramiro coordina a unha ducia de profesores, principalmente de Ferrolterra, que crearon unha versión en galego de Linux, que é moi lixeira e que evita que os rapaces danen o disco duro.
Descargar Tarifas