Manuel Vilas . O blog de Gonzo céntrase en debullar o pasado histórico de Arzúa, pois, na súa opinión, este foi “malinterpretado” nalgúns aspectos.
Mapa que interpreta os escritos de Ptolomeo sobre o Noroeste da Península
Así, advirte que é un erro identificar Arzúa coa 'Araduca' da que fala o xeógrafo clásico Ptolomeo, tal e como se fai a cotío nas historias 'oficiais'.
E é que “Ptolomeo dinos que Araduca está poboada por galaicos brácaros e estes campaban pola zona da actual Portugal que queda entre o Miño e o Douro”, advirte o blog de Gonzo, que inclúe unha amplia bibliografía sobre a cuestión.
“En Arzúa, de Araduca só hai unha placa dunha fundación que levaba tal nome no edificio da Radio, e que, seguramente, estará buscando a súa identidade por lares lusitanos”, conclúe o autor.
Descargar Tarifas