Durante un recente debate parlamentar un deputado do BNG, dirixíndose a min, afirmou que eu era mais español que o Touro de Osborne. Probablemente o deputado en cuestión entendía que eu ficaría todo ofendido pola tal afirmación. Sen chegar a sentirme ofendido entendín eu que a dita afirmación era inxusta conmigo porque realmente eu son moito mais español que citado Touro.
Efectivamente a fin de contas o Touro en cuestión, foi o resultado de unha acción comercial e pola contra o meu españolismo e o producto de unha vivencia persoal e de unha reflexión intelectual, que cada vez me reafirma con mais forza nas miñas ideas. De momento voume referir os nacionalismos rexionais tal e como se presentan en España, e digo España; non digo nen iste pais nen digo o Estado Español.
O meu españolismo é un españolismo tranquilo, positivo: non se precisa ir ás caricaturas que dos españolistas presenta certa intelectualidade que se considera asimesma coma a úneca posible e que exclúe que outros poidan reflexionar e chegar a outras conclusións non nacionalistas e quizais mais racionais.
Para min a idea de España e unha idea de progreso, de fraternidade e de achegamento os povos das outras Comunidades Autónomas. Ser español supón que cando estamos fora de Galicia temos os mesmos direitos e nos sentimos asemade na nosa casa, ainda que ista nova casa poida ter diferencias coa nosa. Pero nada mais espantoso que a uniformidade total. A pertenza a un grupo superior tamén e, no político, unha construcción racional superior ós esquemas illacionistas que propoñen os nacionalismos.
No caso de Galicia existe outro concepto que é o de galeguismo; non podemos negar que o galeguismo apareceu coma unha necesidade histórica para fomentar a autoestima de un pobo que, como o galego, tiña caído nunha postración económica e cultural e que, iso sí que non se pode negar, era obxecto de bulras crueis por parte de outros. Nise senso, foi necesario ademais pasar de un Estado excesivamente centralizado a un Estado das Autonomías que ainda pode requerir certos retoques pero que no fundamental cubre as necesidades de eficiencia política en España. Certo é que os nosos devanceiros se expresaban con dureza con respecto a “Castela”, per iso no tiña por qué supor un rexeitamento ó pobo castelán senon á necesidade de por fin a unha situación que non podía continuar.
Como afirmaba Castelao (Sempre en Galiza. L III,XXXIII): “Os reparos a Castela non van mais alá do grado que a nosa diñidade de galegos reclama para que poidamos chamarnos hespañoes. Brañas escribía con respecto ó mesmo:
Os de Castela son casteláns
Os de Galiza galegos son
Pero non somos, como hespañoes
Nin eles amos, nin servos nos
Pero isto é auga pasada e afortunadamente nin os galegos de hoxe síntense de menos, nen os casteláns de mais. No mundo actual eu opino que un partido que queira plantexar de xeito racional ante os electores un proxecto para o desenrolo e a convivencia na súa comunidad autónoma, ten que presentar asemade, simultánea e indisolublemente asociado ó mesmo, un proxecto para España e para Europa. Para iso o normal e estar artellado con unha cúpula ou partido co resto das comunidades autónomas, que son as nosas irmáns na articulación de España, que ten que desenrolarse entre todos os ciudadáns nun espíritu de fraternidade, soliedaridade e estreita cooperación. Non e posible un proxecto para Galicia sen un proxecto para España, ni por suposto para Europa.
¿Qué e o que representan ó meu xuizo os Nacionalismos en España? : en primeiro lugar un proxecto coxo. Falan de unha hipotética construcción da Nación Galega pero non son capaces de definir cómo pretenden o artellamento de Galicia co resto de España e da Unión Europea. Tampouco son capaces de formular qué partes da Constitución Española e dos Tratados de Unión habería que modificar, e cómo o pretenden facer exactamente e sen as vaguedades que, por falla de paradigma, sempre amosan os nacionalismos cando se descende a iste terreo.
Tamén presentan unha indefinición sobre se o que persiguen é a independencia do resto de España ou non e non me explico por qué; agás que sexa por medo á perda en chorro de votos de xentes que os votan por outros motivos. Lembremos que Castelao non era independentista e era moi concreto para os tempos que corrían: “ ... pero en verdade soio aspiramos a unha autonomía integral, dentro da libre federación de todo-los povos peninsulares. Galiza non necesita mais, pero non pode conformarse con menos” (Castelao; Sempre en Galiza. L IV,III)
Eu estou convencido que a praxis dos nacionalismos leva sempre a xerar un nacionalismo "contra os outros" e por elo poden xerar unha certa xenofobia cando non un verdadeiro racismo como foi o caso do nacionalismo do PNV, ó menos na súa orixe: baste a lectura dos repugnantes e antidemocráticos escritos do Sr. Arana que se hoxe escribira o mesmo probablemente tivera problemas coa Xustiza. Eu penso que en España os nacionalismos rexionais sempre se fan "contra España" ainda que os probes españois se teñan transformado nunha das sociedades máis tolerantes de Europa e de iso sí que temos que estar orgullosos.
Personalmente creo que o positivo e progresista é que os povos de Europa se integren cada vez máis e imposibiliten cualqueira discriminación: isto, é moito máis coherente co espíritu de fraternidade universal e ademais ten a avantaxe de ir na dirección correcta da mundialización da economía mundial. Todo o contrario que una ultramontana idea de encastelarse nunha rexión co correspondente rexeitamento dos de fora.
Pero a integración non só vai en liña coa economía senon coa ética e moral global que únicamente ten que basearse na mutua comprensión, aceptación e integración dos pobos do mundo. ¿Dende ista perspectiva, paga a pena tanta estreitez de miras nacionalista?. Por iso non son nacionalista e por iso son españolista e europeista. Pero hai moitas mais razóns que darei noutros momentos.