Redacción . Malia que a eléctrica xenera o 22% da súa enerxía no país, Caixanova, Caixa Galicia e o Pastor estudan vender as súas accións, que suman o 10,6 por cento, para gañar liquidez nun intre de crise.
De completarse a operación, fracasarían os intentos da Xunta para 'regaleguizar' a eléctrica, que produce o 22 por cento da súa enerxía no país. Ademais, a eléctrica posúe o 21,5 por cento da planta de Reganosa en Mugardos. Cando Florentino Pérez anunciou a semana pasada a súa intención de vender o 45 por cento de Fenosa que tiña a través da construtora ACS, tanto o presidente Touriño como o vicepresidente Quintana fixeron chamamentos á entrada de capital do país. Máis prudente foi o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, quen advertiu que a crise económica dificultaba tal investimento. Touriño asume a saída Este mércores o mercado financeiro dá por feito que as entidades galegas aproveitarán a OPA para 'facer caixa'. Neste intre Caixanova posúe o 5,19 por cento do capital, Caixa Galicia o 3,02 por cento e o Banco Pastor o 2,4% . En declaracións realizadas onte, Touriño asumiu que ampliar capital en Fenosa ten "neste momento un custo tan alto" que posibelmente os inversores galegos "preferirán" recoller plusvalías.
Os reponsábeis de Caixa Galicia, da consellería de Economía e de Caixanova.
As entidades financeiras galegas que teñen accións en Fenosa están a estudar a súa venda. O obxectivo sería aproveitar a OPA de Gas Natural sobre Fenosa, anunciada onte, para obter plusvalías nun intre en que os bancos necesitan liquidez a raíz da crise inmobiliaria.
Descargar Tarifas