PUBLICIDADE
Xoves, 09 de setembro de 2010
CON BERTO YAÑEZ E XABIER CID
Nace a Navalla Suíza para darlle unha volta á rede galega

M. V Os creadores dalgúns dos proxectos máis relevantes da internet do país (como Chuza!, Aduaneiros Sen Fronteiras ou Edicións da Rotonda) únense en 'A Navalla Suíza', unha nova aventura que busca incorporar as últimas tendencias do ciberespacio á rede do país.

Reloxo 09.07.2008 | 17:28

Xabier Cid, colaborador de ANT Diario Xabier Cid, colaborador de ANT Diario O coordinador da firma é Berto Yañez, responsábel de Chuza!, un dos portais máis visitados en Galiza e coautor dos Aduaneiros sen Fronteiras, percusores do humor gráfico na rede do país.

Como encargado de consultoría figura Xabier Cid, colaborador de opinión de ANT Diario co seu blog 'De paseo con Sir John Moore'. A Navalla Suíza tamén conta  con María Yañez, codirectora do documental 'Linguas Cruzadas' e ex-columnista da edición galega de El País, o deseñador Óscar Otero, creador da web especializada en tipografías LetraG, e Álvaro Gómez, ex-programador do xornal Vieiros.

Maximizar as visitas dos portais e definir estratexias globais de comunicación, con especial atención ás redes sociais, son dúas das funcións das que presume a nova firma, que asegura “non facer webs para presentar en rolda de prensa” nin “para cobrar subvencións”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río