PUBLICIDADE
Venres, 03 de setembro de 2010
COMISIÓN PARLAMENTARIA
O monolingüismo castelán duplícase en 10 anos

Europa Press A Mesa pola Normalización alerta na Cámara que menos no 35% dos mozos fala galego habitualmente mentres aumentan os monolingües en español. Nas novas tecnoloxías e os videoxogos o galego é 'residual'.

Reloxo 01.07.2008 | 16:37

Fran Rei, á dereita, de Queremos Galego Fran Rei, á dereita, de Queremos Galego O responsable nacional da sección xuvenil da Mesa pola Normalización Lingüística, Fran Rei, alertou hoxe de que o galego "non chega ao 35 por cento" en número de mozos falantes habituais, e de que o número de mozos que só usan o castelán aumentou en dez anos case nun 10%, o que converte o galego "nunha lingua residual" nesta franxa de idade.

Segundo explicou Fran Rei en declaracións a Europa Press tras intervir na Comisión Parlamentaria de estudio da situación da xuventude en Galicia, os datos sobre evolución do galego na sociedade mostran que o monolingüismo en castelán aumentou nunha década dende o 10 ata preto do 19%, e que nalgúns núcleos urbanos a porcentaxe de falantes habituais en galego non chega ao 15%.

Neste sentido, Fran Rei sinalou que a xeración actual de mozos "é a primeira que xa non ten a lingua galega como lingua habitual nin como primeira lingua" e asegurou que os datos dos diferentes estudios que manexa a Mesa "evidencian unha ruptura cada vez máis acelerada da transmisión interxeracional" do galego.

Nesta liña, Fran Rei sinalou que a lingua galega vive na actualidade "un proceso de substitución total polo castelán, sobre todo en ámbitos urbanos" aínda que "cada vez máis tamén en grandes pobos, sobre todo da costa"

Ademais, o voceiro da sección xuvenil da mesa sinalou que "en contra do que se di", os últimos estudos evidencian "un mantemento de actitudes negativas e prexuízos moi grandes" cara ao galego "por parte da xente máis nova".

Neste sentido, Fran Rei criticou que na sociedade "persistan tópicos" que asocien aos mozos que falan galego "a que veñen de aldea ou a que teñen filiación nacionalista", o que cualificou de "moi preocupante".

Fran Rei aproveitou a súa intervención na Comisión Parlamentaria para reclamar "o cumprimento íntegro da lexislación vixente" sobre normalización lingüística, sobre todo no ámbito do ensino.

Con todo, o voceiro da sección xuvenil da Mesa advertiu de que as políticas lingüísticas dirixidas á xuventude "non poden quedar solo no ámbito do ensino" se non que deben incluír "sectores que actúen como referente positivo para os mozos", como é o caso das novas tecnoloxías ou os videoxogos, "ámbitos que os mozos ven como positivos e nos que hoxe en día o galego é unha lingua residual".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río