PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Actividades no Verbum con Anxo Fariña
Centos de cativos aprenden das letras e debuxos de 'O ladrón de Palabras'

Redacción .  O museo Verbum de Vigo está a acoller a actividade 'O ladrón das palabras', baseada no libro publicado pola editorial A Nosa Terra. A través de debuxos e verbas, o autor da obra, Anxo Fariña, fomenta nos cativos un uso creativo da linguaxe.

Reloxo 24.05.2008 | 07:36

Os nenos asistentes ás actividades de Anxo Fariña no Verbum Os nenos asistentes ás actividades de Anxo Fariña no Verbum Esquerda   1 / 3  Dereita   Sentados en coxíns de múltiplas cores, estudantes de primaria asisten con admiración á actividade que o Verbum organizou os pasados xoves e venres e que volverá organizar a próxima semana nunha das aulas do museo. Entusiasmados escoitan a historia que Anxo Fariña, escritor e artista, lles conta. Un misterioso ser está a roubar as palabras que saen da boca de todos os galegos. As crianzas viven a aventura de Brais, Xela e máis o tío Manuel, que tentan devolverlle aos seus familiares as verbas que o monstro lles quitou. Á vez que se desenvolve a trama de O Ladrón das palabras, os nenos e nenas que asisten á actividade participan da historia creando debuxos e seguindo o movemento dos protagonistas.

Baseada no conto de Anxo Fariña, que vén de publicar a editorial A Nosa Terra, a actividade está dirixida aos estudantes de educación primaria. No marco da nova programación presentada o pasado mes de abril co gallo do V aniversario do museo, “O ladrón das palabras” convida os cativos a crear pequenos poemas visuais que mesturan letra e debuxos.

As sesións, dirixidas por Fariña, constan de dúas partes. Na primeira, desenvólvese un contacontos interactivo no que os pequechos berran, móvense e actúan seguindo a Brais, a Xela e ao tío Manuel. De aí que fagan unha viaxe en foguete, que estouren coma bombas ou que aspiren as letras como fai o malvado monstro. Na segunda parte, Fariña demóstralles aos nenos que palabras e debuxos “poden chegar a ser o mesmo aínda que pareza incríbel”. O autor de O ladrón das palabras apréndelles a debuxar cans e a si mesmos coas letras do abecedario. Os rapaces, agasallados con pinturas, lapis e o libro de Fariña volven ás súas casas coa máxima do artista nos miolos, “se sabemos escribir, sabemos debuxar”.

A actividade “O ladrón das palabras”, que xa se celebrou no Pazo da Cultura de Pontevedra, tivo lugar o pasado xoves e o venres no Verbum. A Casa das Palabras volverá acoller as sesións durante as mañás do día 29 e 30 de maio. Ao longo do ano pasado, Fariña desenvolveu unha campaña de promoción da lectura e da creatividade en 140 centros de ensino galegos. Coas súas historias e ilustracións, o escrito crea dun xeito divertido un vínculo entre as crianzas e os libros.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río