PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Críticas ao Plan Acuícola
O BNG pide a supresión de catro piscifactorías máis

E. P O deputado Bieito Lobeira sostén que os efectos do plan do “inasumíbeis” e acusa ao PP de querer volver a situación anterior.

Reloxo 06.03.2008 | 16:33
TAGS: Plan Acuícola , BNG ,

O BNG reprobou hoxe que, a pesar das modificacións anunciadas pola Consellería de Pesca esta semana, o plan acuícola da Xunta mantén piscifactorías que provocan un impacto "inasumíbel" e outras que deberían reducir a súa extensión.

Así o admitiu o voceiro de Pesca do Grupo Parlamentario do BNG, Bieito Lobeira, quen aínda que na Comisión de Pesca do pasado luns mostrou o "agrado" da formación nacionalista cos cambios anunciados polo director xeral de Recursos Mariños, tamén lle adiantou que deberían estudalos.

Deste xeito, hoxe o deputado nacionalista anunciou que o BNG considera que deben caer do actual plan acuícola, pendente aínda de aprobación por parte do consello de la Xunta, as plantas de Laxe-Brava, en Ribeira; Orelludas en Oia; Seiruga en Malpica e Camelle; e Arou en Camariñas.

O PP, “sen credibilidade”

En canto ás críticas do PP ao actual plan acuícola, Lobeira advertiu aos 'populares' de que "non teñen ningunha credibilidade", xa que lles recordou que ata "fai ben pouco" pretendían "cargarse" espazos singulares como Cabo Touriñán, en referencia á planta prevista por Pescanova.

"O que pretende o PP non é protexer o litoral, senón volver á situación anterior", censurou o deputado nacionalista, quen lles recriminou que o Goberno de Fraga instalase de "modo ilegal" plantas acuícolas en "numerosas zonas da costa". Por iso, o BNG interpretouno como unha intencionalidade "puramente partidista" dos populares e "pensada unicamente para desgastar" o bipartito.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río