PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Nunha tertulia onte en Vigo
A tertulia Café Voltaire homenaxea a Rei Ballesteros

Redacción .  Nun local situado en Vía Norte, en Vigo, reuniuse onte a tertulia Café Voltaire co fin de renderlle homenaxe ao escritor Anxo Rei Ballesteros.

Reloxo 18.10.2008 | 10:46

A tertulia Café Voltaire, onte á tarde A tertulia Café Voltaire, onte á tarde. Paco Vila Barros Carlos Fernández, Pepe Cáccamo, Miguel Barros, Cipirano Jiménez, Damián Villalaín e Basilio Lourenso, entre outros moitos, brindaron pola saúde do seu amigo Anxo Rei Ballesteros, ao que lle desexaron unha pronta recuperación, e leron fragmentos da súa obra. No acto tamén se analizou a significación da obra de Rei Ballesteros na literatura galega recente.

Anxo Rei Ballesteros (Boqueixón, 1952) abriu a novela galega do postfranquismo co título Dos anxos e dos mortos, publicada no ano 1977 e considerada unha das obras clave da literatura galega do século XX. Aquela novela fragmentaria abría unha nova etapa. Dende entón, situouse pouco a pouco no cumio da literatura galega. No 1992 volveu romper esquemas ao escribir Loaria. A continuación chegaron A sombra dos teus soños (1998), o traballo de ensaio A outra memoria (1989) ou Tempo e vinganza (2003). No 2005, viu a luz a súa última novela polo momento, Non sei cando nos veremos, editada por Galaxia e na que a través da literatura oral e a narración directa realizaba unha crítica contundente da moral e das formas de vida da sociedade actual.

A tertulia Café Voltaire

A tertulia Café Voltaire está moi ligada á Fundación Carlos Casares polas persoas que nela participan. Desenvólvese unha vez ao mes ao redor da lectura dun libro, que posteriormente é comentado.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río