PUBLICIDADE
Venres, 03 de setembro de 2010
FOCO DE TENSIÓN A POUCOS MESES DAS ELECCIÓNS
O BNG detén a aprobación do Plano Acuícola

Manuel Vilas A Consellaría de Pesca, controlada polo PSdeG, tentou que o Consello da Xunta aprobase o Plano Acuícola este xoves, pero a oposición do Bloque Nacionalista Galego conseguiu eliminalo, polo de agora, da axenda.

Reloxo 31.07.2008 | 07:20

Carme Gallego, deputada do PSdeG Carme Gallego, deputada do PSdeG. AGN Esquerda   1 / 3  Dereita  

Finalmente a Xunta non aprobará o Plano Acuícola no Consello deste xoves, último antes das vacacións de Agosto. O Executivo incumpre así o prazo anunciado polo propio presidente Touriño no Parlamento, onde dixo que o polémico documento recibiría o visto e prace definitivo “antes do verán”.

A principal causa do atraso é a oposición do BNG a varias das novas granxas e das ampliacións previstas pola Consellaría de Pesca, nas mans dos socialistas; como adiantara hai unha semana ANT Diario.

De feito, Pesca presentou unha versión actualizada do Plano este martes na reunión semanal dos secretarios de todas as consellarías, xuntanza na que se deciden os temas que se aprobarán no Consello do xoves.

Tensión na reunión de secretarios xerais

Nunha longa reunión, o bando do Bloque da Xunta logrou botar para atrás o documento. A súa aprobación fica adiada, segundo fontes da parte nacionalista do Executivo, “até que haxa máis consenso”.

O certo é que este novo atraso converte ao Plano Acuícola nun motivo de preocupación para a parte socialista da Xunta. E é que o documento conta cunha forte oposición social, artellada nunha ducia de plataformas veciñais a través de Galiza non se Vende.

Aprobalo coa oposición do Bloque a poucos meses das eleccións autonómicas pode restar votos nuns comicios marcados ademais pola crise. Por iso, os colectivos ecoloxistas comezan a albergar a esperanza de que finalmente o Plano non se poña en marcha durante a presente lexislatura.

Instalacións rexeitadas polo BNG

Segundo explicou a ANT Diario o deputado Bieito Lobeira, os nacionalistas rexeitan a construción de catro novas factorías: 'Laxe Brava' en Corrubedo (Ribeira), 'Xandriña' en Camelle, 'Camelle' en Arou e 'Punta Orelludas' en Oia. O BNG tamén é contrario ás ampliacións da factoría de Mougás (Oia) –ameazada por unha orde de derrubo da propia Xunta– e Merexo (Muxía).

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río