Redacción . 'Unicla' procede da 'alimentación equilibrada das vacas' e 'o benestar animal'. No seu deseño participaron dez equipos de investigación das tres universidades galegas.
A cooperativa máis importante do sector lácteo do país, Feiraco, presentará hoxe mércores en Compostela un novo produto. Trátase do leite 'Unicla', resultado “dun novo modelo de produción gandeira baseado na alimentación equilibrada das vacas, o benestar animal e a obtención de leite saudable biodispoñíbel”. Dez grupos de investigación das universidades galegas participaron no deseño do leite. O produto tamén conta co respaldo da Fundación Española do Corazón. E é que, segundo Feiraco, Unicla é producido a través “da alimentación equilibrada das vacas, que mellora os perfís da grasa do leite e contén numerosos beneficios saudábeis”. Autoridades na presentación Alfredo Suárez Canal, Conselleiro de Medio Rural presidirá o acto de presentación. Asistirán así mesmo os reitores das universidades galegas e numerosos investigadores. Estará o presidente de Feiraco José Antonio Casais, elixido para o cargo este verán.
O presidente de Feiraco Xosé Antonio Cascais
Descargar Tarifas