PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Sobre a vida do vigués José Luís Bastos
Delmi Álvarez debuta no documental con 'O rei galego de África'

Redacción .  Esta noite estréase na Casa dos Poetas de Celanova o documental 'O rei galego de África', onde o seu director, Delmi Álvarez, retrata a vida do vigués José Luís Bastos, un empresario do sector da pesca que ademais posúe unha gran finca de caza que noutros tempos pertenceu á tribo Noma.

Reloxo 10.07.2008 | 16:32

José Luis Bastos, protagonista do documental O Rei Galego de África José Luis Bastos, protagonista do documental O Rei Galego de África Esquerda   1 / 2  Dereita  

Arturo Lezcano e Ana Miranda serán os encargados de presentar esta noite en Celanova o primeiro documental asinado polo fotoxornalista Delmi Álvarez, que leva por título O rei galego de África. A estrea inscríbese dentro dos actos programados dentro do curso Os sons e as imaxes da Información, dirixido por Miguel Anxo Fernández e organizado pola Universidade de Vigo, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación Carlos Casares.

O rei galego de África relata a vida dun galego que, tras a morte do seu irmán en accidente de aviación en Angola, debe facerse cargo dos negocios familiares no continente africano. Sen coñecemento do mundo da pesca, José Luís Bastos vese na obriga de mudar as súas rutinas, quedando fascinado coa cultura e a sociedade africana. Na actualidade vive coa súa muller Kuki en Walbis Bay, dende onde dirixe a súa empresa de peixe e onde posúe a gran finca que noutros tempos foi dominio da tribo Noma.

Rodado integramente en Namibia, este é o primeiro traballo documental de Delmi Álvarez. Como el mesmo explica “tirei da miña experiencia como fotógrafo en moitas das escenas. Non estudei cine, nin guión, pero apliquei a bagaxe e o sentido común”.

O documental forma parte do proxecto fotodocumentalista Galegos na Diáspora, comezado no ano 1989.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río