Un total de 27 traballadores de Seaga denuncian que a empresa pública non lles encarga tarefas tras ter sido obrigada a readmitilos por un xulgado.
Sen preguntas dos xornalistas. Así se desenvolveu a lectura da declaración institucional do presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, que lamentou o incendio 'con nocturnidade e aleivosía' da noite do xoves no concello de Fornelos de Montes que se cobrou a vida dos brigadistas Xulio Martínez da Silva e Rodrigo Amo González. Así, pediu a colaboración cidadá para que os incendiarios 'fracasen'.
A Fundación Carlos Casares a a Secretaría Xeral de Política Lingüística asinaron este vernes un convenio de colaboración a prol da dinamización do uso do galego a través de varias iniciativas organizadas pola entidade de Vigo. Entre elas destaca a organización dun Seminario Permanente de Música e Artes Escénicas e outro de Lingua e Sociedade.
A editora de banda deseñada Patito Editorial aproveitará a vindeira ediciáon do Salón do Cómic da Coruña Viñetas desde o Atlántico, que se celebrará do 9 ao 15 de agosto, para presentar a edición en galego de ‘A Mansión dos Murmurios’, de Tirso Cons, David Muñor e Xavi Montes.
O Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio (GIS-T) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolveu a páxina web –www.granxafamiliar.com– que promove a comercialización de produtos agrarios galegos na internet. Este servizo pretende eliminar os intermediarios para reducir o prezo do produto.
O conselleiro de Educación de Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e a presidenta da Fundación Paideia, Rosalía Mera, subscribiron este martes na Coruña un convenio de colaboración para impulsar a excelencia musical dos estudantes dos conservatorios galegos a través da concesión de premios a estes artistas.
O Comité de Supervisores Bancarios Europeos recolle na súa lista de entidades que verán publicados os seus test de tensión o nome das novas caixas de aforros. Segundo o organismo, a resultante da unión galega será Caixa Breogán.
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, considerou que a reforma laboral é 'pouco ambiciosa' e non satisfai as expectativas da patronal ao soster que se caracteriza por unha indefinición 'deliberada e tendenciosa'. 'Podía converterse nun dos elementos fundamentais' da reactivación do mercado de traballo, lamentou, á vez que descartou que sexa unha reforma 'determinante' para a súa modernización e flexibilización.
O salario medio das galegas alcanzou no ano 2008 os 16.646,42 euros, fronte aos 21.105,6 euros da retribución media percibida polos homes, o que supón que a brecha salarial entre homes e mulleres alcanzou un 21 por cento.
O Parlamento aprobou hoxe a través do procedemento de lectura única, unha modificación orzamentaria para trasladar a Galiza as medidas para reducir o gasto público decididas polo Goberno estatal. A medida contou co voto en contra do BNG e o apoio do PPde G e PSdeG. A Xunta criticou o decreto estatal que suporá recortar o salario de funcionarios e altos cargos.
Descargar Tarifas